lunes, 7 de mayo de 2012

A Orixe

     O xermen deste proxecto radica na necesidade de achegar ós alumnos e profesores novas posibilidades de aprendizaxe e ensinanza. Neste sentido, cobran unha gran importancia as Tecnoloxías da Comunicación (TIC´s), representadas neste caso mediante o programa de Google Earth. A utilización deste programa fundaméntase en que posúe unha gran cantidade de recursos, con capas de información representativas de calquera eido da xeografía, e en que é gratuíto.

     Por outra parte, os grandes protagonistas deste blog serán os alumnos, que participarán de maneira activa no tempo que dure esta experiencia innovadora.

domingo, 6 de mayo de 2012

¿Como realizar as actividades?

     Os exercicios realizaranse en grupos de 3 persoas, que deberán traballar fora da aula. As actividades consistirán en responder preguntas acerca dos temas tratados na aula, que abarcan a área de xeografía física (o relevo, clima e os riscos naturais asociados a éstos, como poden ser os terremotos, volcáns ou furacáns). Para responder estas cuestións, traballarase especialmente con imaxes satélite de Google Earth. Tamén, como axuda para a realización das actividades, añadiranse vídeos e enlaces que vos levarán a noticias de prensa.

sábado, 5 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 1.- COORDENADAS XEOGRÁFICAS



1- ¿Cómo se chaman as liñas que aparecen no globo terrestre? Definídeas.


2- ¿Qué forman entre ambos?


3- ¿A qué latitude se encontra o Ecuador?


4-¿Que coordenadas posúe a casa do concello de Oroso?