lunes, 30 de abril de 2012

ACTIVIDADE 6.- Os FURACÁNS



1-Cal é a principal causa na formación dun furacán?

2- Os furacáns cando alcanzan a súa maior intensidade, no océano ou conforme se adentra no continente? Por qué?

3- O furacán Katrina era unha catástrofe anunciada? Explicádeo.

Noticia de El País de apoio:

miércoles, 25 de abril de 2012

Material Audiovisual: MESOPOTAMIA

     Este vídeo trata acerca da evolución histórica de Exipto dende a fundación do Imperio de Sumer, ata a conquista grega. Ademais, comenta as diferentes sociedades, actividades económicas, dende as de recolección e caza, propias de sociedades nómadas, ata as agrícolas e gandeiras, por exemplo, que están presentes nas sociedades sedentarias. Por outra parte, trata outros temas de interese, como o arte, basado fundamentalmente nos coñecidos zigurats.


     O Código de Hammurabi, creado no ano 1760 a.C, é o primeiro exemplo de leis que se atoparon, e un dos exemplares mellor conservados. O contido e fundamentos do mesmo poden atoparse no seguinte vídeo.


martes, 24 de abril de 2012

Material Audiovisual: EXIPTO

     Este vídeo relata a evolución histórica de Exipto en todos os seus ámbitos (sociedade, economía ou arte, entre outros), dende a fundación no 3100 a.C polo rei Menes.



     A morte é un elemento fundamental na relixión, que estaba moi presente na civilización exipcia. Por este motivo, polo medo ao que pasaría tras a morte, os habitantes do Antigo Exipto utilizaban un manuscrito, chamado "O Libro dos Mortos", para protexer a súa alma no tránsito cara a outra vida, etapa durante a cal se momificaban os corpos para conservalos no seu estado orixinal.