lunes, 7 de mayo de 2012

A Orixe

     O xermen deste proxecto radica na necesidade de achegar ós alumnos e profesores novas posibilidades de aprendizaxe e ensinanza. Neste sentido, cobran unha gran importancia as Tecnoloxías da Comunicación (TIC´s), representadas neste caso mediante o programa de Google Earth. A utilización deste programa fundaméntase en que posúe unha gran cantidade de recursos, con capas de información representativas de calquera eido da xeografía, e en que é gratuíto.

     Por outra parte, os grandes protagonistas deste blog serán os alumnos, que participarán de maneira activa no tempo que dure esta experiencia innovadora.

domingo, 6 de mayo de 2012

¿Como realizar as actividades?

     Os exercicios realizaranse en grupos de 3 persoas, que deberán traballar fora da aula. As actividades consistirán en responder preguntas acerca dos temas tratados na aula, que abarcan a área de xeografía física (o relevo, clima e os riscos naturais asociados a éstos, como poden ser os terremotos, volcáns ou furacáns). Para responder estas cuestións, traballarase especialmente con imaxes satélite de Google Earth. Tamén, como axuda para a realización das actividades, añadiranse vídeos e enlaces que vos levarán a noticias de prensa.

sábado, 5 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 1.- COORDENADAS XEOGRÁFICAS



1- ¿Cómo se chaman as liñas que aparecen no globo terrestre? Definídeas.


2- ¿Qué forman entre ambos?


3- ¿A qué latitude se encontra o Ecuador?


4-¿Que coordenadas posúe a casa do concello de Oroso?

viernes, 4 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 2.- FORMACIÓN DA SUPERFICIE TERRESTRE


1-A que gran continente fai referencia a imaxe inferior? Como se chamaba? 


2- Pode voltar en millóns de anos a unha forma similar a superficie terrestre ? Por qué?


3- Por qué teoría se explica o movemento das placas? Quen é o seu creador?


4- Cal é a capa do interior da terra que máis inflúe sobre o movemento dos placas tectónicas? Explicade o proceso.


5- Os cambios na forma da Terra pode explicar que existan mesmas especies vexetais, mesmos solos, en África que en América do Sur, por exemplo? Explicádeo.


6- A corteza destrúese nas zonas de subducción? Entón, o planeta Terra cada vez é máis pequeno, ou compensarase con outro proceso? Explicádeo.


7- As placas contactan de tres modos entre elas, por subducción, acreción e por rozamento lateral. Relacionade estes tres tipos de choques coas imaxes A, B e C.





Video de axuda:




jueves, 3 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 3.- Os TERREMOTOS e TSUNAMIS


1- Como se xera un terremoto?

2 -Como se orixina un tsunami? Cales son as súas causas?

3 - Que diferenzas hai entre un terremoto e un tsunami? Que é máis perigoso, o terremoto en sí mesmo, ou o posterior tsunami? Razoádeo.

4 - Por qué Chile é unha área propicia para sufrir terremotos, tsunamis e volcáns?



5 - Sabíase que o terremoto de Chile podía acontecer?  Que deberon haber feito as autoridades políticas?

Video de axuda:

miércoles, 2 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 4.- ¿Teñen as mesmas consecuencias os terremotos en calquera parte da Terra?

     O terremoto de Haití do 2010 tivo unha intensidade de 7° na escala de Richter, cunha profundidade de 10 km. Por este episodio, morreron aproximadamente 316.000 persoas, 350.000 quedaron feridas e máis de 1,5 millóns quedaron sen fogar. 2 anos despois, no 2011, voltou a desgraza o planeta Terra por outro acontecemento similar, que sucedeu neste caso en Xapón. O epicentro e  hipocentro situouse no mar, cunha magnitude de 9° na escala de Richter, cunha profundidade de 10 km tamén. O número de mortos rondou os 16.000, de feridos os 6.000, e de desaparecidos 3.500. 

     Sen embargo, a pesar de ser a intensidade do terremoto maior en Xapón, ter o hipocentro idéntica profundidade e estar afectado ademais por un tsunami, feito que en Haití non sucedeu, como se explica o maior desastre humanitario en Haití?


Noticia de El País de apoio:


martes, 1 de mayo de 2012