lunes, 7 de mayo de 2012

A Orixe

     O xermen deste proxecto radica na necesidade de achegar ós alumnos e profesores novas posibilidades de aprendizaxe e ensinanza. Neste sentido, cobran unha gran importancia as Tecnoloxías da Comunicación (TIC´s), representadas neste caso mediante o programa de Google Earth. A utilización deste programa fundaméntase en que posúe unha gran cantidade de recursos, con capas de información representativas de calquera eido da xeografía, e en que é gratuíto.

     Por outra parte, os grandes protagonistas deste blog serán os alumnos, que participarán de maneira activa no tempo que dure esta experiencia innovadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario